jueves, 29 de octubre de 2015

Encontro poético

O pasado venres 23 de outubro tivemos un poético encontro no que nos aproximamos aos moi diversos sentimentos que pode inspirar o mar. Quedamos con gañas de continuar. Véremonos o vindeiro venres 6 de novembro¡

jueves, 28 de mayo de 2015

O ALENTO NAS COSTAS

O alento nas costas de Natalia Carou foi a lectura que compartimos os grupos do Club no terceiro trimestre. Tivemos a oportunidade de coñecer a autora, e de manter unha interesante conversa no esceario principal da súa novela : a aldea de Abuin no concello de Rianxo.


sábado, 14 de marzo de 2015

QUANTIC LOVE Club de lectura - Luis Seoane

Nas últimas reunións do noso club de lectura no IES Luis Seoane de Pontevedra limos Quantic Love, de Sonia Fernández-Vidal.

A novela narra a historia de Laila, unha sevillana que, para pagar os seus estudos, vai traballar á Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), onde se sinte coma un pulpo nun garaxe. Pero alí estarán dous mozos que farán coñecer a Laila a forza máis poderosa que existe: o amor.


En xeral todos quedamos moi contentos co libro, aínda que varios dos lectores queixámonos da decisión da protagonista. Brian ou Alessio? Intelixencia ou beleza? Ti que escollerías?

Como dixo Albert Einstein: "A forza sin amor é enerxía gastada en vano." Recomendamos Quantic Love se buscas unha lectura lixeira con moitas referencias científicas da man dunha física cuántica.

martes, 24 de febrero de 2015

TRAMPA DE LUZ

TRAMPA DE LUZ, de Agustín Agra
é a lectura do segundo trimestre, trampa na que esperamos caer como auténticas  avelaiñas,
despois de perdernos por fragas e carballeiras