Nas últimas reunións do noso club de lectura no IES Luis Seoane de Pontevedra limos Quantic Love, de Sonia Fernández-Vidal.
A novela narra a historia de Laila, unha sevillana que, para pagar os seus estudos, vai traballar á Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), onde se sinte coma un pulpo nun garaxe. Pero alí estarán dous mozos que farán coñecer a Laila a forza máis poderosa que existe: o amor.
En xeral todos quedamos moi contentos co libro, aínda que varios dos lectores queixámonos da decisión da protagonista. Brian ou Alessio? Intelixencia ou beleza? Ti que escollerías?
Como dixo Albert Einstein: "A forza sin amor é enerxía gastada en vano." Recomendamos Quantic Love se buscas unha lectura lixeira con moitas referencias científicas da man dunha física cuántica.
Como ben dices dani, o libro é moi entretido e doado de ler. Non se precisa de coñecementos profundos de física para comprender as referencias que fai, posto que,a propia autora as ilustra con exemplos cotidiáns.Con el tamén aprendes e descubres cousas novas e lugares interesantes como o CERN. Con respecto a pregunta que fixeches, non considero que ambos rasgos deban estar separados, é dicir, ambo-los dous "pretendentes" eran guapos (dacordo coa descrición da autora) e tiñan que ser intelixentes senón non houberan chegado ata alí. Sen embargo é certo que a eleción da protagonista trouxo un intenso debate nas reunións. Persoalmente estou contenta coa eleción que fixo (tampouco me houbera desagradado que escollera ao outro) porque opino que é moi importante seguir o noso corazón e non conformarse só co cariño (aínda que este se quede dormido na "primera cita" jajajaja) pero isto é cuestión de opinións.
ResponderEliminarSofía
A min gustoúme a forma en que a autora enseñanos o mundo das ciencias, fundamentalmente a física, que pode chegar a ser interesante e absorbente como Brian que se quedou durmido na súa cita con Laila por estar días entregado as súas ecuacións.
ResponderEliminarA autora amosanos que a forza do amor e as forzas do universo estan entrelazadas. Unha forza que orienta as nosas vidas e as define, e amosase nunha historia na que as ciencias vense entretidas e intrigantes.