jueves, 29 de octubre de 2015
Encontro poético
O pasado venres 23 de outubro tivemos un poético encontro no que nos aproximamos aos moi diversos sentimentos que pode inspirar o mar.
Quedamos con gañas de continuar. Véremonos o vindeiro venres 6 de novembro¡
martes, 13 de octubre de 2015
jueves, 28 de mayo de 2015
O ALENTO NAS COSTAS
O alento nas costas de Natalia Carou foi a lectura que compartimos os grupos do Club no terceiro trimestre. Tivemos a oportunidade de coñecer a autora, e de manter unha interesante conversa no esceario principal da súa novela : a aldea de Abuin no concello de Rianxo.
sábado, 14 de marzo de 2015
QUANTIC LOVE Club de lectura - Luis Seoane
Nas últimas reunións do noso club de lectura no IES Luis Seoane de Pontevedra limos Quantic Love, de Sonia Fernández-Vidal.
A novela narra a historia de Laila, unha sevillana que, para pagar os seus estudos, vai traballar á Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), onde se sinte coma un pulpo nun garaxe. Pero alí estarán dous mozos que farán coñecer a Laila a forza máis poderosa que existe: o amor.
En xeral todos quedamos moi contentos co libro, aínda que varios dos lectores queixámonos da decisión da protagonista. Brian ou Alessio? Intelixencia ou beleza? Ti que escollerías?
Como dixo Albert Einstein: "A forza sin amor é enerxía gastada en vano." Recomendamos Quantic Love se buscas unha lectura lixeira con moitas referencias científicas da man dunha física cuántica.

miércoles, 4 de marzo de 2015
martes, 24 de febrero de 2015
TRAMPA DE LUZ
TRAMPA DE LUZ, de Agustín Agra
é a lectura do segundo trimestre, trampa na que esperamos caer como auténticas avelaiñas,
despois de perdernos por fragas e carballeiras
é a lectura do segundo trimestre, trampa na que esperamos caer como auténticas avelaiñas,
despois de perdernos por fragas e carballeiras
lunes, 23 de febrero de 2015
lunes, 9 de febrero de 2015
GRUPO OMEGA: LECTURA DA PRIMEIRA AVALIACIÓN
GRUPO OMEGA: FANTASMAS DE LUZ
FANTASMAS DE LUZ, unha novela de Agustín Fernández Paz, que contribue a facer visibles aos invisibles: os cada vez máis numerosos exlcuidos sociais; o tempo que serve de reivindicación da arte luminosa por excelencia: o cine.
viernes, 6 de febrero de 2015
GRUPO ALFA: LECTURA DA PRIMEIRA AVALIACIÓN
O novo grupo Alfa do Club de Lectura comezou o curso coa obra de Agustín Fernández Paz e Jorge Magutis, unha lectura sinxela e cunhas bonitas ilustracións
Suscribirse a:
Entradas (Atom)