Nas últimas reunións do noso club de lectura no IES Luis Seoane de Pontevedra limos Quantic Love, de Sonia Fernández-Vidal.
A novela narra a historia de Laila, unha sevillana que, para pagar os seus estudos, vai traballar á Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), onde se sinte coma un pulpo nun garaxe. Pero alí estarán dous mozos que farán coñecer a Laila a forza máis poderosa que existe: o amor.
En xeral todos quedamos moi contentos co libro, aínda que varios dos lectores queixámonos da decisión da protagonista. Brian ou Alessio? Intelixencia ou beleza? Ti que escollerías?
Como dixo Albert Einstein: "A forza sin amor é enerxía gastada en vano." Recomendamos Quantic Love se buscas unha lectura lixeira con moitas referencias científicas da man dunha física cuántica.